Cuntis pide á Xunta que reúna aos municipios afectados pola situación do encoro do Umia
Por Redacción
A "grave" situación das augas do río Umia, derivada da problemática do encoro, preocupa e moito aos municipios afectados, como o de Cuntis.
O goberno local asegura que "non é indiferente" á problemática provocada pola presenza de cianobacterias, pero traslada a responsabilidade ao goberno autonómico.
Segundo o Concello corresponde á administración autonómica tomar calquera medida, tanto a Augas de Galicia como á Consellería de Medio e á Consellería de Sanidade, que trate de poñer fin ao problema biolóxico.
É por iso que desde Cuntis reclamaron á Xunta que convoque aos municipios afectados por esta situación, coa intención de que se lles informe da folla de ruta prevista.
"A Xunta é a que ten as competencias sobre esta materia e sobre o encoro", defenderon desde o goberno local.
Relacionadas:
-
A situación do Umia é "un dos problemas medioambientais máis graves da comarca" segundo En Marea
Por Redacción |
-
Cuntis e Moraña solicitaron a Augas de Galicia a limpeza do río Umia nas zonas expropiadas polo encoro
Por Oskar Viéitez |
-
Mensaxe de tranquilidade da Xunta polo estado do río Umia e o seu encoro
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero reclama a Feijóo un proxecto "integral" para o canal e o encoro do Umia
Por Redacción |
-
O BNG demanda garantías á Xunta sobre a auga de consumo das comarcas de Caldas e o Salnés
Por Redacción |
-
O BNG esixe ao Concello de Caldas e á Xunta que advirtan á poboación do perigo das augas do encoro
Por Redacción |