Implantan na Casa do Mar de Mollabao un sistema informático para evitar agresións
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde vén de implantar en diversos equipos informáticos do Centro de especialidades de Mollabao a plataforma informática ACODE para dar soporte á prevención e resposta temperá ante a violencia laboral externa sobre os profesionais do Sergas.
Esta plataforma de alerta en situacións de risco inclúe funcionalidades que permiten controlar con rapidez calquera situación de violencia, perigo ou urxencia, e minimizar as súas consecuencias, garantindo así a continuidade da actividade dos profesionais sanitarios, fomentando unha cultura de seguridade e prevención e contribuíndo a conseguir unha contorna laboral libre de violencia.
Proximamente se implantatá tamén nos hospitais Montecelo e Provincial.
Durante a xornada deste martes impartiuse a formación específica aos profesionais distribuíndo guías de usuario e instalando as aplicacións informáticas nos equipos, formación que se completará a vindeira semana cun simulacro nas zonas de alto risco.
Relacionadas:
-
Implantan no Hospital Provincial un sistema informático para evitar agresións
Por Redacción |
-
O Sergas renovará a área de neonatoloxía do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Vinte agresións a persoal sanitario de Pontevedra, Vilagarcía e Marín en seis meses
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Cinco Interlocutores Policiais Sanitarios encárganse de reducir as agresións a médicos na provincia
Por Redacción |