Emerxencias Sanxenxo sufoca o incendio duns contedores en Andurique
Por Oskar Viéitez
O incendio duns contedores de lixo na zona de Andurique, no concello de Poio, foi sufocado por unha dotación dos bombeiros de Emerxencias Sanxenxo.
O 112 foi quen alertou aos servizos de extinción na madrugada deste luns tras a chamada dun particular.
O lume provocou unha densa fumareda que deixou ennegrecida a fachada dos inmobles próximos a estes contedores de lixo orgánico e tamén de vidro.
Entre os veciños causou enfado que estando o lugar a tan escasa distancia do parque de bombeiros municipal de Pontevedra, menos dun quilómetro, tivesen que intervir os de Sanxenxo atendendo ao establecido no Mapa de Emerxencias de Galicia.