Os aparcadoiros disuasorios gratuítos da cidade suman unhas 1.750 prazas
Por Oskar Viéitez
Na cidade de Pontevedra os aparcadoiros disuasorios gratuítos ofrecen un total de 1.750 prazas.
O último en incorporarse a esta oferta é o estacionamento público habilitado na parcela de Tafisa, pertencente ao campus universitario e que no seu día estivo reservada para o Edificio das Artes. O aparcadoiro, de grava miúda compactada, ten capacidade para acoller uns 150 vehículos.
Moi próximo a esta área atópase o aparcadoiro de Xosé Malvar, que comparte parcela co de autocaravanas, e que dispón de 66 prazas gratuítas.
Ademais están as 275 do aparcadoiro do Pavillón dos Deportes, as 185 prazas da parcela dos circos en Mollavao, 100 prazas á beira do estadio de fútbol de Pasarón, outras 100 preto do Instituto Torrente Ballester, 100 máis na Parda, 160 no peirao de Corbaceiras, 155 en Alexandre Bóveda e o máis grande con 470 prazas na explanada do Recinto Feiral e o Pazo da Cultura.
En canto á oferta de pago alcanza as 4.000 prazas nos parkings privados da cidade.
Relacionadas:
-
Dous aparcamentos disuasorios de aspecto marciano
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra abre ao público as 350 novas prazas de aparcadoiro nos antigos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
O PP alerta do problema que supón para o comercio local a falta de aparcamento e de transporte público
Por Redacción |
-
Ábrese un novo aparcadoiro disuasorio, de maneira provisional, nos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
Inician os traballos para habilitar unha nova zona de aparcadoiro nos terreos de Tafisa
Por Redacción |