Terminan a reparación do noiro de acceso á capela da Lanzada
Por Redacción
Costas terminou as obras de reparación do noiro da Lanzada, que se realizaron cun orzamento de 100.000 euros.
O noiro sustenta o camiño ao recinto da capela, a torre e a necrópole da Lanzada e hai uns anos uns desprendementos de terras produciron unha focha importante no noiro, con caída de restos cara á praia, afectando o trazado do camiño de acceso á zona.
Eses desprendementos de rocas e materiais seguiron aumentando como consecuencia das choivas e o Concello solicitou a Costas a súa reparación para evitar danos maiores.