Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción
Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE en Pontevedra, alerta de que este mércores detectouse a presenza dunha rata nas escaleiras de acceso ao Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo. Súmase este incidente ás denuncias que os socialistas veñen realizando durante os últimos meses avisando da proliferación de roedores en distintos puntos do centro urbano.
"Xa non é só un noxo e un deixamento, senón un problema de salubridade", afirma o portavoz socialista que pide responsabilidades ou a dimisión dos responsables municipais na xestión de residuos. Esixen explicacións ao goberno de Fernández Lores a través da petición dunha convocatoria de comisión para tratar a aparición de ratas en distintos puntos como no río dos Gafos, Fontesanta, Mollabao, Campolongo ou na contorna do Recinto Feiral. Piden unha solución inmediata e unha explicación ao entender que non se trata de casos illados.
O grupo municipal do PSOE considera que o goberno local mantén unha permisividade absoluta coa empresa concesionaria da recollida de lixo, que debería ser quen levase a cabo campañas de desratización, segundo afirma Tino Fernández. Apunta a que a limpeza da cidade é mellorable xa que se observan contedores sucios, en mal estado ou con cheiros desagradables e lembra que este servizo custa máis de 6 millóns de euros ao ano ás persoas veciñas de Pontevedra.
Este "deixamento" tamén a relacionan co rural, xa que os socialistas consideran que nas parroquias a situación aínda é máis deplorable e Tino Fernández indícalle ao alcalde que una das principais queixas nos barrios atópase na recollida do lixo, o estado dos contedores e a presenza de ratas.
Relacionadas:
-
O PSOE urxe medidas especiais para acabar cunha praga de ratas
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen explicacións pola "mala recollida do lixo" durante os festivos
Por Redacción |
-
Os socialistas reclaman ao goberno local que pague a "débeda histórica co rural"
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas renovará a área de neonatoloxía do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
O PSOE alerta do abandono e da presenza de ratas na contorna do barrio de Fontesanta
Por Redacción |
-
Os socialistas promoven unha ruta Hamelín por Pontevedra detrás das ratas
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que as ratas seguen a proliferar en Campolongo
Por Oskar Viéitez |