Rematan as 'Vacacións en paz' para os menores saharauis
Por Redacción
Desde primeiros de xullo, menores saharauis foron acollidos por familias en diversos puntos de Galicia grazas ao programa 'Vacacións en paz' da organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Agora chegou o momento das despedidas. Este mércores, cinco destes pequenos foron dicir adeus ou "ata o vindeiro verán" ao alcalde e as concelleiras de Benestar social e de Economía e Turismo do Concello de Bueu.
O alcalde Félix Juncal ofreceulles como agasallo unha bolsa escolar, un libro e unha camiset co lema 'Galicia', ademais de trasladarlles o seu apoio para que afronte con ánimo o curso escolar que se achega. Os pequenos Lesham Salem Abidin, Salamu Brahim Salem, Hnini Mohamed, Mahmud Sidi Mohamed y Karima Sidi Mohamed van trasladarse nos vindeiros días ao seu lugar de procedencia, o campo de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.
Durante o seu paso por Galicia realizaron diversas actividades encamiñadas a súa formación e ao seu lecer, ademais de recibir asistencia sanitaria. Durante este verán máis de 300 nenos pasaron o verán na comunidade a través deste programa que tenta tamén amosar a solidariedade coa causa saharaui.
Relacionadas:
-
Pontevedra contribúe con 6.000 euros na axuda alimentaria para os campos de refuxiados de Tindouf
Por Redacción |
-
"Todos los niños saharauis queremos que nuestro país sea libre"
Por Redacción |
-
A provincia acolle 200 menores saharauís, nenos que choran cando arde o "verde" dos nosos montes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |