Cuntis recibe case 118.000 euros do Plan Concellos para tres actuacións
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar mediante unha resolución a achega de tres axudas ao Concello de Cuntis.
Estas subvencións, por valor de 117.827,29 euros, enmárcanse dentro do Plan Concellos 2018.
En concreto este diñeiro servirá para financiar tres actuacións: 34.294,88 euros irán destinados ao acondicionamento do camiño rural de acceso ao lugar de Vilar de Matos; 28.337,72 euros ao cambio da cuberta dun edificio municipal; e 55.194,69 euros á mellora do saneamento en Ducio e Portela.
Con estas axudas a administración provincial entregou 411.581,41 euros dos 542.123,92 totais destinados a Cuntis, o que supón o 76% do total comprometido.