En Marea Ponte Caldelas denuncia a "inseguridade" que se viviu nas atraccións das Festas das Dores
Por Oskar Viéitez
En Marea Ponte Caldelas denunciou a "inseguridade" que se viviu nas atraccións durante as Festas das Dores.
Segundo esta formación política houbo dous incidentes despois de que o Concello contratara a unha empresa externa para verificar o estado das atraccións.
No primeiro, un cativo resultou ferido nas camas elásticas tras caer ao chan "abríndose unha fenda na cabeza pola que tivo que recibir doce puntos de sutura".
E no segundo, no Saltamontes, que cando estabase a poñer en marcha, soltáronse os cintos de seguridade de dous rapaces, que "se non chegan a berrar desesperados para que detiveran a atracción, agora estariamos a falar dunha desgracia maior".