O PSOE pide ao goberno local unha reunión en setembro para falar do autobús a Monte Porreiro
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE acaba de presentar un escrito no Concello de Pontevedra solicitando formalmente a celebración dunha reunión para avanzar no cumprimento da moción aprobada por unanimidade en Pleno en relación co incremento da subvención no billete do autobús de Monte Porreiro .
O portavoz municipal, Tino Fernández, lembra que hai meses que está pendente abordar este asunto, pero "o BNG segue sen mover ficha", de modo que piden esta reunión e lembran que "os acordos están para cumprirse e non para quedar ben e aparcalos nun caixón".
Fernández propón unha reunión para a primeira quincena de setembro para fixar o marco da negociación entre os grupos municipais, de cara a ter todo consensuado en vistas ao Orzamento Muncipal de 2019. En xeral, aseguran que "tratase de axustar o precio á realidade do Barrio e ao mesmo tempo aplicar políticas progresistas que permitan utilizar o autobús as persoas con menos ingresos".
O PSOE presentou no Pleno unha Proposta para revisar o prezo do billete de autobús a Monte Porreiro na que se instaba a baixar a tarifa ordinario e a establecer bonificacións e exencións de pago atendendo ás circunstancias dos usuarios. Así, propoñen unha rebaixa do 20% no billete para o ano 2019, o establecemento de bonificacións para familias numerosas e estudantes e a gratuidade para pensionistas con ingresos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e persoas que cobren subsidios.
Ao respecto, lembran que o grupo de goberno votou a favor e comprometeuse a abrir un diálogo para poder aplicar as novas tarifas no ano 2019. Dado que os meses avanzan sen novidades, os socialistas manifestan que non están dispostos a consentir que a votación do pleno quede en meras palabras ou en un xesto para quedar ben e aseguran que van "esixir ao alcalde e ao BNG que cumpran os seus compromisos".
Relacionadas:
-
O Concello propón á Xunta crear unha "comisión técnica bilateral" sobre o transporte público
-
O Concello de Pontevedra, defraudado co "trágala" da Xunta, quere estudar o plan de transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Acordo para baixar o prezo do autobús da liña Monte Porreiro - Pontevedra
Por Clara Alonso & Mónica Patxot |