Sen descanso na campaña de desbroce no rural marinense
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da Asociación Juan XXIII, segue co calendario de desbroces do rural, que comezou en abril deste ano.
Xa se completaron os traballos nas zonas de Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña e Outeiro.
Con vistas no verán atendeuse a liña de costa e a Estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a Praia de Lapamán. Concretaemnte atenderanse os lugares de Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.
Esta semana, terminarán os traballos na fase 3 que comprende a zona de Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igresario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Sermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro e Igresario de Mogor, Baguín.
O luns comezará a roza na zona mais alta, que abarca Carballal, Igresario de San Xulián, Grela, Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre, Macenlle, Moreira, Pardavila, Fixón, Ou Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igesario de Santomé, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza.
Ademais fixéronse limpezas específicas en zona de montes: Monte do barrio de Mogor, Monte Pituco, Cruceiro do Vento e Monte Teixugueiras. Independentemente destas zonas, están a realizarse desbroces puntuais en zonas de moito tránsito, estreitas, que ao volver crecer, impedían o paso normal de persoas ou vehículos.
Relacionadas:
-
Demandan iluminación na senda peonil de Bagüín
Por Redacción |
-
Marín pide aos propietarios de leiras privadas que eviten a invasión de maleza nas beirarrúas
Por Redacción |
-
Campaña de roza nos camiños e viarios do rural marinense
Por Redacción |
-
A Fundación Xoán XXIII programa co Concello de Marín unha nova campaña de rozas
Por Oskar Viéitez |