Comezan a cubrir os restos arqueolóxicos de Valentín García Escudero
Os camións cheos de area levaban a primeira hora da mañá á Praza de Valentín García Escudero. Todo estaba previsto para iniciar a cubrición dos restos arqueolóxicos que, trala pretensión inicial de convertelos no Museo da Historia, levaban semiabandonados varios anos. E sen maior problema comezaron eses traballos, baixo a atenta supervisión do arqueólogo municipal, Xoan Carlos Castro.
Segundo indicou o concelleiro de Patrimonio, as obras, executadas pola empresa Eiriña, concluirán no prazo dun mes. Cubrirase parcialmente o xacemento, en torno a un 40 por cento da súa superficie total, e posteriormente acondicionarase a superficie cun revestimento xeotextil e un tratamento vexetal por riba, quedando a zona como un amplo espazo verde.
ÿ o seguinte paso no tratamento que nos últimos meses tivo toda esta contorna, xa que ademais dos traballos de limpeza e restauración dos restos arqueolóxicos, realizouse un levantamiento topográfico en 3D para rexistrar o xacemento por completo.
Aínda que inicialmente estaban previstos cortes de tráfico máis duraderos na zona, Luís Bará sinalou que tras unha reunión coa Policía Local decidiuse limitar a circulación tan só de forma puntual para permitir a entrada dos camións cargados de area.
Ademais, o Concello de Pontevedra traballa xa na futura publicación de todo o material rexistrado e identificado neste xacemento arqueolóxico. Segundo Luís Bará, o obxectivo é que se poida visualizar non só en revistas, senón tamén de forma física nalgún dos museos da cidade, aínda que este extremo aínda non se confirmou. En todo caso, segundo o concelleiro de Patrimonio será un proceso que "levará o seu tempo".
Relacionadas:
-
O xacemento de Valentín García Escudero será cuberto, en parte, cun parque infantil
Por Redacción |
-
En Valentín García Escudero hai gato encerrado
Por Natalia Puga |
-
Contra vento e gaivotas, o DROM retrata os restos das escavacións de Valentín García Escudero
Por Anxo Lourido |
-
O PP colga carteis criticando ao Concello por cubrir só unha parte de García Escudero
Por Oskar Viéitez |
-
Bará cualifica de "trilerismo político" a actitude de Patrimonio con Valentín García Escudero
Por Alejandro Espiño |