Día extra adicado aos nenos nas atraccións da Peregrina
Este luns celebrouse o Día do Neno no que as atraccións valeron máis baratas. Os máis pequenos da casa gozaron a tope desta xornada nun último esforzo para as maltreitas carteiras dos avós despois de toda unha semana de festa.
O scalextrix, as camas elásticas, os coches eléctricos, as tómbolas, o touro mecánico, a noria, estaban entre o máis demandado.
Con todo, as longas colas rexistradas este luns non resarcen aos feirantes que, un ano máis, volveron a falar dun ano frouxo queixándose polos escasos ingresos obtidos debido á baixada de clientes.
Que se a calor, que se a crise, ningún dos feirantes fixo autocrítica para confesar que os prezos das fichas tamén eran caros. Ata catro euros montar en aparellos como a noria ou o "Explorer".
O Concello, que xa traballa na Feira Franca, valorou que a Semana Grande da Peregrina foi das máis multitudinarias que se lembran.
Despois deste día extra toca recoller para poder reabrir as rúas ao tráfico este mércores.
Día do neno nas atraccións das festas da Peregrina 2018
O recinto das festas nas rúas Alameda e Raíña Vitoria acolleu este luns centos de familias para participar no coñecido como Día do Neno, no que as atraccións e postos de feira adoitan ter importantes descontos
© Paula Sanmartín
Relacionadas:
-
Adeus Peregrina! Ola Feira Franca!!!
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Mocedades pon un nostálxico peche aos concertos da Peregrina
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sidecars asalta a Praza de España no penúltimo gran concerto das festas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Colorido e diversión nunha multitudinaria Batalla de Flores
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
Bunbury, o home delgado que entusiasmou a milleiros de seguidores en Pontevedra
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Andrés Suárez emociona no seu recital na Ferrería, acompañado por Cristina Pato
Por Diego Torrado & Redacción |