A radio, protagonista da terceira edición de Ponte Coqueta
Por Oskar Viéitez
Dende este luns 20 de agosto está en marcha a terceira edición de "Ponte Coqueta" coa inauguración da exposición "Radios antigas", na Casa da Luz. Visitable ata o domingo 26 de agosto. Pola tarde, neste mesmo recinto e ás 20 horas, haberá unha conferencia sobre a historia deste medio de comunicación na cidade.
Pero "Ponte Coqueta" tamén ven cargada de música, danza, artesanía e moitas máis sorpresas.
Segundo explicou o responsable do programa, Marcelo Dobode, para o xoves 23 de agosto, ás 18 horas, haberá un obradoiro infantil "Como realizar radio en directo", na Casa Azul. De 18 a 20 horas, desenvolverase outros obradoiros, neste caso de baile de lindy hop (iniciación), e de 20 a 22 horas de baile lindy hop (avanzado), os dous na Casa Azul.
O venres 24 de agosto, a mediodía, haberá música en directo na praza de Curros Enríquez. Os obradoiros estarán enfocados ao baile latino, de 18 a 20 horas o de iniciación e de 20 a 22 horas, o avanzado. De novo, na Casa Azul.
Ás 22:30 horas, Xurxo Souto fará un programa de radio en directo na Praza de Curros Enríquez con música dos anos 30.
Finalmente o sábado 25 de agosto, na Praza de Curros Enríquez, os organizadores animan á xente a vir vestidos dos anos 20, 30, 40, para participar na feira mercados de ultramar, e nas exhibicións de swing, lindy hop e latinos.
Á unha da tarde, terá lugar un concerto de tangos Carlos Meléndez. Ás 17 horas contacontos infantís, e ás 18:30 empeza unha clase aberta de bailes latinos. A festa rematará cos concertos de Dixie Kings e Sonboleros, a partires das 20.00 horas.