Cuntis contratará a 5 traballadores do plan Risga
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de outorgar ao Concello de Cuntis unha subvención polo importe de 52.095,75 euros, equivalente aos custos salariais dos traballadores contratados, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de ditos salarios, resultantes da contratación de 5 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA.
Os contratos deberán formalizarse, como data limite o 10 de setembro de 2018.
A través da axuda da Xunta, promoverase tanto a contratación na Administración local como aumentar as posibilidades laborais de persoas que están en risco de exclusión social.
Segundo explicou a Xunta, do mesmo xeito que en anos anteriores, terán prioridade as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción laboral, os maiores de 45 anos ou as persoas con cargas familiares.
Con independencia da duración do contrato de cada persoa, o período que financiará a Xunta a través destes novos apoios económicos será dun total de sete meses.
O Goberno autonómico traballa xa nun novo decreto que permita compatibilizar a percepción da Risga co cobro dun salario de traballo, co obxectivo de que esta axuda convértase nun instrumento que incentive a inserción efectiva no mercado de traballo.