Deteñen en Poio os catro ocupantes dunha furgoneta roubada en Marín
Por Redacción
A Garda Civil detivo na madrugada deste domingo a catro persoas polo roubo dunha furgoneta que fora subtraída o pasado venres en Marín.
Os axentes interceptaron e detiveron os catro ocupantes da furgoneta cando se atopaban no termo municipal de Poio.
Na zona de carga do vehículo portaban garrafas de gasoil que tentaran vender a varios mozos na localidade de Portonovo.
Tras identificalos, a Garda Civil comprobou que un dos detidos é a mesma persoa, un home de 42 anos, que o venres presuntamente roubou un coche en no Vao de Arriba para estrelarse contra unha vivenda a poucos metros. Conducía sen o carné en regra e deu positivo no test de drogas.