Liberan unha persoa atrapada no seu vehículo tras envorcar de madrugada en Médico Ballina
Por Redacción
Aparatoso accidente de circulación o acontecido durante a madrugada deste domingo na rúa Médico Ballina, na parroquia pontevedresa de Lérez.
Un particular foi o que alertou ao 112 o sucedido, ao redor das 5:30 horas da madrugada, sinalando que un coche envorcara quedando unha persoa atrapada no seu interior.
A central de emerxencias solicitaron a intervención de persoal sanitario e dos Bombeiros de Pontevedra, ademais de informar a Policía Local e a efectivos de Protección Civil.
Os bombeiros actuaron para liberar á vítima do interior do turismo, sendo evacuada polos sanitarios aínda que o seu prognóstico non parecía revestir gravidade.