Chega o espectáculo pirotécnico de fin de festa e, para que todo saia ben, un operativo de seguridade
Por Redacción
Este domingo 19 de agosto rematará a Semana Granda das festas da Peregrina e, como colofón, como cada agosto, haberá un gran espectáculo pirotécnico desde o peirao das Corbaceiras. A cita será á medianoite, pero as persoas que queiran acudir deberán ter en conta que a partir das 23.30 horas haberá un operativo especial de seguridade posto en marcha pola Policía Local de Pontevedra no que tamén participan os Bombeiros, Protección Civil, persoal sanitario e técnicos en pirotecnia.
A Policía Local establecerá un perímetro de seguridade para as persoas nas inmediacións do punto da tirada dos fogos de artificio e fai un chamamento á poboación que acuda a ver o espectáculo para que respecten o límite dos valados de seguridade.
Ademais, para os vehículos, a partir das 23.30 horas, procederá ao corte do tráfico rodado nas inmediacións do peirao. Cortarase o tráfico procedente de Marín para o seu desvío pola rúa Manuel de Palacio. Os coches que cheguen do Paseo de Colón serán desviados pola rúa Monteleón cara a Uruguai e os que procedan da avenida de Uruguai desviaranse pola rúa Xofre de Tenorio. A rúa dos Peiraos tamén se cortarán e desviaranse por Ponte Novo e Palamios.
O tráfico de saída cara a Marín recoméndase efectualo por Xosé Malvar e os vehículos que circulen pola avenida de Uruguai cara á avenida de Marin serán desviados (invertindo a súa dirección), na rotonda de Uruguai en dirección cara á Barca, Bos Aires e Xóse Malvar.