San Roque derrama auga sobre Vilagarcía na Festa máis mollada
Por Redacción
Miles de persoas abarrotaron as rúas de Vilagarcía de Arousa nas últimas horas para celebrar a festividade de San Roque e a festa de interese turístico nacional, a Festa da Auga.
Ao longo da noite, numerosos mozos xa iniciaron os festexos sen que se rexistrase ningún incidente destacable. A xornada deste xoves comezaba coa tradicional subida da imaxe de San Roque ata a igrexa de Santa Eulalia. Alí, unha vez gardada a imaxe no templo, iniciouse o cántico coral do himno de Galicia. A continuación, o grupo O Soño de Lilith lía o pregón que se centrou en reivindicar a igualdade.
E a partir dese momento, a auga saltou dun lado para outro por todo o perímetro da denominada Zona Húmida, na que se inclúen a Praza de España, Edelmiro Trillo, Pai Feijóo, Independencia e a rúa San Roque ata a capela.