VÍDEO.- Rescatan un xabaril que acabou 'nadando' no porto de Marín
Por Natalia Puga
Axentes da Garda Civil e persoal do Porto de Marín e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia lograron rescatar a un xabaril que na mañá deste martes apareceu no recinto portuario e acabou 'nadando' en pleno peirao.
Todo ocorreu sobre as 7.45 horas deste martes. Os traballadores e usuarios do porto viron ao xabaril no recinto e alertaron os servizos de emerxencias. Á chegada destes, o animal estaba na auga, en pleno peirao, e procedeuse ao seu rescate.
No mesmo participaron axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e da patrulla fiscal da Garda Civil de Marín e tamén un traballador do porto e persoal de Medio Ambiente, que pediu a colaboración dunha veterinaria. Coa súa mediación, lograron collelo.
Unha vez fose da auga, lle anestesiaron para permitir o seu traslado e trasladárono ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo.