O cartón pasa o verán "acampado" en Quireza
Por Redacción
En Quireza hai unha montaña de cartón xunto aos contedores de reciclaxe. A veciñanza denuncia que leva máis dun mes sen que se recolla este material que ofrece un aspecto lamentable á parroquia de Cerdedo-Cotobade.
A zona na que se acumula o cartón atópase situada no centro de Quireza, entre dous bares e preto da farmacia. A veciñanza estuda adoptar medidas máis drásticas se a situación continúa así porque temen o perigo de que algún vándalo préndalle lume e poida provocar un incidente na zona.
As queixas chegaron ao grupo socialista, que a través do seu portavoz municipal Lina Garrido achegouse a este lugar e reclama ao Concello de Cerdedo-Cotobade, presidido por Jorge Cubela, resolva a esta situación.