Habilitan un aparcadoiro público para 25 prazas en Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín vai facerse cargo dun novo espazo de aparcadoiro público en Seixo.
Trátase dunha parcela situada na rúa Doutor Otero Ulloa e que conta con 25 prazas para dar servizo aos locais comerciais e hostaleiros da zona.
Tras iniciar o expediente, a Asociación de Comerciantes de Seixo (ACEMAS) puxo a funcionar o aparcadoiro facéndose cargo dos gastos.
Este mantemento, fixado en 175 euros ao mes (máis IVE), pasará a ser custeado polas arcas municipais.