O Concello de Poio argumenta contra as "falsas" acusacións do PP sobre a recollida de lixo e defende o servizo
Por Redacción
O Concello de Poio quixo responder este luns ás acusacións realizadas durante as últimas semanas polo grupo municipal do PP en relación co servizo de recollida de lixo, que aseguran que inclúen "determinadas aseveracións que son falsas" e que xeran "confusión".
Desde o goberno local aseguran que "é mentira que o Concello non fai seguimento do servizo", xa que con ese obxectivo hai contratada unha empresa que valora o servizo prestado, a súa forma de facelo, os medios utilizados e o estado de mantemento e conservación do material usado. Periodicamente esta empresa emite os correspondente informes que serven para corrixir as deficiencia e, nos casos graves, sancionar a concesionaria.
Respecto diso, asegura que "é falso" o que di o voceiro do PP, Ángel Moldes, de que non se sanciona e lembra que en Pleno, e co seu propio voto, impuxéronse sancións á empresa concesionaria, Valoriza, por importe de 80.000 euros.
O goberno local recoñece que, como todos os servizos, a recollida de lixo tamén é susceptible de mellora, pero que hai que valorar o prezo que ditas melloras poden ter respecto do obxectivo que se pretende conseguir. En Poio, o servizo de recollida de lixo faise, en opinión do Concello, "con material suficiente" ( no caso dos contedores, sobredimensionado) e con medios humanos adecuados e por un prezo razoable.
Ademais, aseguran que o equipo de goberno está "vixiante" de que se cumpran todos os extremos do contrato.
Por outra parte, tamén aseguran que son falsas as afirmacións de Moldes cando di que o 95% dos colectores de carga traseira son vellos, sen tapas, rodas e rotos. Na súa páxina web aparecen as fotografías de 126 contedores de carga traseira e só un contedor aparece sen tapa, dous sen unha roda e un reparado, de modo que o goberno bipartito BNG-PSOE asegura que "se atopasen máis contedores en peor estado, seguro que estaría no seu 'mapa de mentiras do lixo'".
Relacionadas:
-
Unha auditoría confirma "numerosas deficiencias e irregularidades" no servizo de recollida de lixo en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O PP quere que se investigue se Poio está a pagar polo lixo recollido noutros concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Un "domingo negro" de atascos en Combarro, segundo o PP de Poio
Por Redacción |
-
O PP de Poio quéixase das "condicións antihixiénicas" dalgúns contedores en Chancelas
Por Redacción |
-
O Partido Popular localiza máis de 300 colectores de lixo obsoletos en Poio
Por Redacción |