Amigos de Pontevedra celebra o seu encontro con motivo das Festas da Peregrina
Por Redacción
A asociación Amigos de Pontevedra celebraba este sábado o seu encontro no Pazo da Cultura, que suma xa 47 anos desde que un grupo de coñecidos da cidade decidiu premiar a persoas que realizasen un traballo relevante difundindo a imaxe de Pontevedra en diferentes ámbitos.
Este sábado, durante a comida, premiouse aos elixidos este ano: o xornalista Eugenio Giráldez; a fundadora da empresa de moda Coosy, Virgina Pozo; María del Carmen Martínez Rodríguez, investigadora do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e investigadora na Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra; Teresa Orjales, embaixadora de España en Estonia e diplomática; e Santiago Picallo, presidente do Club Balonmano Cisne. Ademais nesta ocasión, tamén se recoñeceu o traballo desenvolvido por dúas institucións: a empresa Gráficas Anduriña e o colexio Sagrado Corazón de Os Praceres.
Durante a celebración, o xornalista Xabier Fortes, integrante de Amigos de Pontevedra, recibiu felicitacións polo seu nomeamento como director de 'Los desayunos de TVE', por parte de numerosos asistentes ao acto, entre os que se atopaban a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Relacionadas:
-
Amigos de Pontevedra premia aos campións internacionais Silvia Aguete e Pablo Dapena
Por Manu Otero |
-
Virginia Pozo, fundadora da marca de roupa Coosy, próxima invitada do "Pincho de Inverno" de AJE
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- A playlist de Eugenio Giráldez: Ollo ao xornalista que 2019 vén moi electoral!
Por Marisa Ciordia |
-
Espectáculo pirotécnico para poñer o broche de ouro ao primeiro día de festas 2018
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O pontevedrés Xabier Fortes será o encargado de dirixir 'Los desayunos de TVE'
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara. Virginia Pozo, unha empresaria da moda entre os Amigos de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
O verán pontevedrés non está completo sen os 'Amigos de Pontevedra'. Este ano, cinco particulares e dúas entidades
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |