Falece unha moza de 28 anos, veciña de Vilaboa, nun accidente en Pazos de Borbén
Por Redacción
Este sábado rexistrábase un accidente con saldo mortal no punto quilométrico 11,000 da estrada EP-2908, na ligazón Arcade-Amoedo, no municipio de Pazos de Borbén.
Segundo informan desde a Guardia Civil de Tráfico, un vehículo Audi A3 sufría un accidente derivado da saída da vía polo lateral dereito, nunha curva suave. Esta incidencia provocou que o turismo se precipitara e envorcara.
A condutora, única persoa que ocupaba o coche, sufría feridas de gravidade que lle causaban a morte, a pesar de facer uso do cinto de seguridade. A moza falecida, C.L.R., de 28 anos de idade, residía no lugar de Paredes no municipio de Vilaboa.