Noite de morcegos no río Gafos
Por Marta Cerviño
Noites Abertas: http://www.noitesabertas.com/
Asociación Vaipolorío: http://www.vaipolorio.org/
Asociación Drosera: http://morcegosdegalicia.org/index.php
Fiesta Final de Noites Abertas 2013: http://www.facebook.com/events/466021973476179/?ref=22
O sábado 11 de maio, Noites abertas organizou unha ruta guiada polo río Gafos coa Asociación Vaipolorío. Chamábase a Noite dos morcegos e malia que o primeiro que se lle ven a un á cabeza son escenas de terror, o certo é que non ten nada que ver.
Consistía nunha xornada de captura, estudo e explicacións das características dos morcegos, por parte dos membros da Asociación Drosera, có obxectivo de dar a coñecer de desmitificar falsas lendas que se lles atribúen, así como escoitar os seus sons mediante aparellos de ultrasons e gozar da sensación de observalos de preto.
Momento de captura dun morcego.
Escoitando os seus sons.
Gozando da observación e do estudo de estes seres entrañables amósovos unha foto dun Pipistrellus Pipistrellus, un dos morcegos que puidemos contemplar durante a actividade.
Aproveito para comentaros que o sábado 25 de maio a partir das 17 horas na Praza de Curros Enríquez será a Festa Final de Noites Abertas 2013 con exhibicións, concertos e actividades, na que todos estades invitados. A Festa estaba prevista para este sábado 18 pero debido á previsión de chuvia, a organización decidíu aprazalo unha semana.
Fotografías de © Marta Cerviño