O PSOE esixe actuacións inmediatas ante o "indecente" abandono do parque de Xeve
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Tino Fernández, considera "indecente" a actitude do goberno local do BNG en relación coas parroquias do rural e pon sobre a mesa a situación de abandono do parque da parroquia pontevedresa de Santo André de Xeve, para o que solicita una actuación inmediata.
Fernández considera que as fotos son tan esclarecedoras que non faría falla escribir moito máis, pois hai herbas e maleza que invaden o parque, lixo tirado, papeleiras cheas... en definitiva, unha situación de "abandono total" dunha zona que está "a monte" e inservible para os fins para os que se creou.
Na súa opinión, este estado de abandono do parque de Santo André, é "a punta do iceberg da situación do rural", no que "non se avanzou ni un metro no saneamento, non hai un plan de mellora dos viais, non se limpan as beiravías nin as cunetas, non se sabe nada do transporte público".
Os socialistas creen que os tres anos do actual mandato municipal "son tempo perdido para as parroquias", nos que se crearon consellos parroquiais que "só funcionan se lle dan a razón ao BNG" e "cando non lla dan, deixan de funcionar e marxínase a parroquia".
Tino Fernández denuncia que o BNG "está deixando morrer as parroquias" e pouco a pouco vaise acentuando a despoboación porque os veciños "ven que con este alcalde non teñen nin terán os mesmos servicios que se dan no centro da cidade".