O pontevedrés Xabier Fortes será o encargado de dirixir 'Los desayunos de TVE'
Por Redacción
O xornalista pontevedrés Xabier Fortes será a partir de setembro o director de 'Los desayunos de TVE'. Trátase dunha das primeiras decisións de Begoña Alegría, a nova directora de informativos da televisión pública, segundo avanzaba El País.
Fortes releva no cargo a Sergio Martín e poñerase á fronte dun dos postos de maior responsabilidade dentro do ente ao encargarse dun dos programas que se converteu nun buque insignia da súa grella. O pontevedrés fora destituído en agosto de 2012 do seu posto como director e presentador no programa La Noche na canle 24 Horas. O seu posto curiosamente fora ocupado por Sergio Martín.
Na actualidade, Xabier Fortes traballaba na súa praza na delegación de Galicia, ademais de ser integrante do Consello de Informativos de Televisión Española, desde nos últimos tempos converteuse na cara máis crítica coa dirección anterior denunciando, en numerosas ocasións, a manipulación nos espazos informativos. En 2017 recibía o Premio Ondas ao mellor presentador e este sábado, no inicio das Festas da Peregrina, será o centro de atención no encontro de Amigos de Pontevedra no Pazo da Cultura onde van entregarse os tradicionais premios dos que é un dos principais promotores.
O xornalista manifestaba na rede social Twitter o seu agarimo con todas as persoas que, desde que se coñeceu a noticia, enviáronlle mensaxes de felicitación.
Son tantos los mensajes de apoyo que me llegan, que literalmente es imposible responder a cada uno, como siempre hago. Por ello muchísimas gracias a todos. Nos vemos en septiembre. Siempre en la Radiotelevisión pública. La de todos. Abrazos muy 'Fortes' desde Pontevedra!
— Xabier Fortes (@xabierfortes) 10 de agosto de 2018
Relacionadas:
-
O retorno da sede da RTVG á cidade figura na axenda do alcalde
Por Oskar Viéitez |
-
Amigos de Pontevedra celebra o seu encontro con motivo das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
O verán pontevedrés non está completo sen os 'Amigos de Pontevedra'. Este ano, cinco particulares e dúas entidades
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A promoción turística da provincia desembarca en Madrid da man de Carmela Silva e Xabier Fortes
Por Redacción |
-
VIDEO.- O Ondas xa está nas mans de Xabier Fortes
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- A Playlist: Fai un Fortes de carallo!
Por Marisa Ciordia |