A Xunta achegará 40.000 euros para o reacondicionamento da Azucreira de Portas
Por Redacción
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde de Portas, Víctor Estévez, asinaron este venres un convenio de colaboración a través do cal o departamento de Cultura da Xunta de Galicia colaborará no reacondicionamento da antiga Azucreira.
En virtude deste acordo a administración autonómica achegará 40.974,33 euros para que o Concello mellores o recinto, que acolle entre outras cousas o auditorio municipal.
En concreto destinarase este diñeiro á mellora da sinalización exterior da Azucreira e a solucionar os problemas de deterioración nas zonas de paso, ocasionados pola entrada de humidade.
O Pasado ano a Consellería de Cultura destinara outros 31.000 euros na instalación dun sistema de iluminación para o teatro habilitado neste lugar e tamén para a Casa dá Cultura de Portas.