Para o PP as contas municipais de 2017 reflicten que "estamos ante un proxecto esgotado"
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, asegurou este venres que "a Conta Xeral correspondente ao pasado ano 2017 evidencia que estamos ante un proxecto esgotado" no Concello.
Así o defendeu despois de participar na Comisión de Economía e Facenda que preside.
"O 60% dos investimentos proxectados para o pasado ano non se executaron. Nos case 20 anos que leva Lores como alcalde de Pontevedra nunca antes houbo tan baixa execución de investimentos. Isto é un claro sinal de que estamos ante un alcalde canso", acusou o edil popular.
Segundo Domínguez as dúas obras que se atopan agora mesmo en marcha na cidade, como son Virxe do Camiño e Cruz Vermella, pagaranse con diñeiro non utilizado en 2016, mentres que as que se van a iniciar (Mercado, Gorgullón, Multiusos Xunqueira e Ponte do Burgo) realizaranse "grazas ao diñeiro de Europa".