Ábrese un novo aparcadoiro disuasorio, de maneira provisional, nos terreos de Tafisa
Por Redacción
Desde este venres, previo ao comezo da Semana Grande das Festas da Peregrina, atópase aberto o aparcadoiro en superficie e gratuíto situado na parcela prevista para o edificio das Artes, nos antigos terreos de Tafisa. Esta zona de estacionamento conta con 150 prazas.
A entrada a este espazo será a través da rúa José Malvar, da mesma forma que se accede ao aparcadoiro de caravanas. O chan é de xabre, provisionalmente, ata que leve a cabo o seu asfaltado.
O goberno local abre este aparcadoiro para as festas e manterase en uso ata o domingo 26. A partir desa data volverá pecharse para rematar os traballos de instalación dunha capa de rodaxe e o acondicionamento definitivo.
Tamén se atopa en uso o aparcadoiro da rúa Xoán Manuel Pintos, fronte ao Pavillón dos Deportes, que se atopaba pechado desde o pasado 30 de xullo para levar a cabo traballos de mellora. Elimináronse as fochancas, que se foron abrindo durante o ano.