María Varela Abelairas cumpre este 2018 a maioría de idade. A maioría de idade como veciña de Pontevedra; e para ser xustos, compartida con Poio. No ámbito profesional a súa traxectoria nesta cidade comezou onde continúa: Diario de Pontevedra. Aquela redactora que chegou en 2000 é a día de hoxe redactora xefa. No ámbito persoal, esta capital viu nacer aos seus tres fillos: Navia, Daniel e Area. Exerce de nai xunto á súa parella, Xan, profesional tamén do gremio, quen lle vaia quitando pedras do camiño para conseguir iso tan teórico e complejamente práctico que é a conciliación familiar.
Dí nesta Playlist que se sinte atafegada e agradecida polo feito de haber sigo designada como pregoeira destas Festas da Peregrina. Unhas festas das que oíu falar por primeira vez a uns amigos dos veráns da infancia e adolescencia na costa lucense; que a día de hoxe continúan na súa vida e cos que, precísamente, gozou das súas primeiras 'Peregrinas'.
Preguntámoslle en PontevedraViva Radio si hai algo material do que non podería prescindir: o chocolate, di. O chocolate, tan doce e tan amargo. Como a vída mesma María. Un sabor amargo que a segue emocionando pero que aos poucos foi relegándose para dar paso ao dulzor que lle trouxeron as consecucións profesionais e persoais. Que o sigas gozando e boas Festas.