Un desacordo polo dereito de rega dunha leira de Cerponzóns acaba en condena
Por Natalia Puga
O desacordo entre veciños polo dereito de rega dunha leira da parroquia pontevedresa de Cerponzóns derivou na condena dun deles á pena de multa de dous meses a razón dunha cota diaria de seis euros, isto é, 360 euros.
A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de confirmar unha sentenza previa do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra que oconsidera responsable dun delito leve de malos tratos de obra, pero absólveo do outro de ameazas polo que foi xulgado.
Os feitos que ambos os xulgados considera probados ocorreron os días 18 e 19 de xullo de 2017 nos que o condenado empuxou e golpeou un matrimonio de Leborei, en Cerponzóns.
Sobre as 19.30 horas do día 18 a muller estaba na leira que circunda o seu domicilio e, cando se dispoñía a facer uso do dereito de rega para a mesma, achegóuselle o seu veciño e empuxouna e insultouna.
Ao día seguinte, o 19 de xullo, a muller volveu ao mesmo lugar en compañía do seu marido e dunha terceira persoa e, cando se dispoñían de novo a regar a súa leira, presentouse no lugar o veciño do día anterior e golpeou ao esposo. Propinoulle tres puñadas en pescozo, sen chegar a causarlle lesión algunha.
O condenado sostivo a súa inocencia e, tras ser condenadoo, recorreu a sentenza inicial do Xulgado de Instrución alegando que a proba de cargo é "insuficiente para ditar sentenza condenatoria", pero o caso llegou á Audiencia Provincial e este tribunal desestimou o recurso, dando credibilidade á declaración das vítimas e do outra testemuña que lles acompañaba o segundo día.
A sentenza da Audiencia considera probado ademais, que o condenado empuxou á denunciante e golpeou no pescozo ao denunciante e que el mesmo nega os feitos, pero recoñece que o motivo do incidente foi a utilización da fonte, pola que xa tiveron outros procedementos.
Contra esta nova sentenza xa non hai posibilidade de presentar recurso.