"A Panadeira", a veciña máis lonxeva de Barro, celebra 103 anos e segue sumando
Por Redacción
É coñecida como a señora Antonia e polo seu alcume "A Panadeira". Trátase da veciña de Barro máis veterana do municipio. Este mércores cumpriu 103 anos.
Esta muller celebrouno rodeada de boa parte da súa familia. A señora Antonia Campos Ferriro pode presumir de memoria e de atoparse con plena lucidez despois de superar o século de vida.
O alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes e a concelleira de Servizos Sociais Amelia Cancela achegáronse polo seu domicilio para felicitar a esta coñecida veciña.