Marín pide aos propietarios de leiras privadas que eviten a invasión de maleza nas beirarrúas
Por Redacción
O Concello de Marín solicitou a colaboración veciñal para manter as beirarrúas e viarias do municipio a salvo da maleza que ás veces invade as zonas de dominio público.
Por ese motivo o goberno local elevou a petición aos propietarios de leiras privadas, sobre todo das que carecen de peche, para que procedan ao seu mantemento.
Ao mesmo tempo, brigadas municipal traballaron nos últimos días en tarefas de roza e limpeza en varias zonas de Marín.
En concreto os operarios actuaron nas rúas República Arxentina, Fuente del Este, Sagrada Familia, Cruceiros e Outeiro.
Ademais tamén se procedeu a realizar un baldeo da zona adxacente á caseta de turismo, Fondo do Saco, Praza 8 de Marzo e Rúa Calzada.