A Asociación das Alfombras de Bueu participa nun encontro internacional en Bruxelas
Por Redacción
Seis integrantes da Asociación de Alfombras de Bueu constituirán a delegación que se trasladará a Bruxelas para participar no 'Flower Carpet', o evento no que se reúnen catorce agrupacións de todo o mundo para elaborar, cada unha, unha pequena alfombra floral representando un monumento da Unesco.
A cita será na capital belga desde o 16 ao 19 de agosto e este martes a concelleira de Turismo de Bueu, Silvia Carballo e a presidenta da asociación, Carmen Santos, explicaban as actividades previstas neste encontro no que estarán representadas tamén a alfombristas de Carrión, Castropol, Ponteareas, ademais de italianas, alemás, maltesas, xaponesas e mejicanas.
A alfombra na que participa a delegación bueuesa foi deseñada por Rafa Oliveira e inclúe edificios do patrimonio da humanidade de cada unha das autonomías que integran a Comisión xestora de Arte Efémera.
O evento coincide, este ano, co vixésimo aniversario da Declaración do Grand Place como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Relacionadas:
-
A esencia das alfombras de Bueu viaxa cara o IV Encontro Internacional de Uriangato
Por Redacción |
-
Bueu celebrará o 22 e 23 de xuño a festa das alfombras florais
Por Redacción |
-
Alfombras que voan de Bueu a México
Por Redacción |
-
As alfombras florais de Bueu, declaradas festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |
-
9.000 euros para revitalizar a festa das alfombras florais de Bueu
Por Redacción |