O Grove reabre ao tráfico a rúa Alexandre Bóveda
Por Redacción
Despois de varias semanas de traballos, a rúa Alexandre Bóveda, no centro urbano do Grove, reabriu ao tráfico rodado.
Aínda que faltan por ultimar detalles como o mobiliario ou algunha sinalización, a rúa loce xa a súa nova imaxe tras as obras de humanización ás que foi sometida.
Nesta actuación, que contaba cun orzamento de 240.000 euros, contemplábase a mellora do saneamento, a accesibilidade e a adecuación aos criterios europeos de mobilidade peonil.
O plan de humanización previsto polo Concello do Grove, que se iniciou pola Rúa Castelao, continuará agora polo resto da rúa Alexandre Bóveda e a modificación do tráfico na Avenida de Beiramar, aínda que as obras iniciaranse unha vez que pase a Festa do Marisco.