Denuncian reiterados actos vandálicos nos baños das praias de Loira e Mogor
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da concellería de Turismo, mostrou a súa preocupación polo que entenden como actos vandálicos reiterados nos areais do municipio.
En concreto quéixanse da situación dos baños públicos nas praias de Loira e Mogor.
Na primeira destas praias, durante as últimas semanas, provocáronse atascos e o peche dos sanitarios ao ser subtraída a cisterna dos baños "case todos os días", sinalan desde o goberno local.
En canto a Mogor, a colocación dun obxectivo no sistema de cisterna provocou que a auga non parase de caer enchendo a fosa séptica moito antes do normal e obrigando a pechar os baños en horario de tarde ata o seu baleirado.
Aínda que os danos económicos son mínimos, ao Concello preocúpanlle as molestias ocasionadas aos usuarios dos areais e a mala imaxe que transmiten estes actos en plena tempada alta.