Falece un bañista na praia de Camaxe, na Illa de Arousa
Por Redacción
Un home de 70 anos faleceu na tarde deste domingo mentres se bañaba na praia de Camaxe, na Illa de Arousa.
A espera do resultado da autopsia, todo apunta a que sufriu un infarto mentres estaba na auga e, aínda que foi rescatado e realizáronlle manobras de reanimación, nada se puido facer por salvar a súa vida. O 061 desprazou varios equipos ata o areal que intentaron reanimalo durante largo tempo.
Todo ocorreu a media tarde deste domingo cando o home estaba na praia con familiares. Despois de que o persoal do 061 confirmase que falecera, sobre as 19.30 horas, desprazáronse ata o areal a Garda Civil e unha comitiva xudicial, que odenó o levantamento do cadáver.
O corpo sen vida do home, veciño de Santiago de Compostela, foi trasladado ao Hospital do Salnés para practicarlle a autopsia.