As 'peñas' toman a cidade. Fronte á vaga de calor, auga e viño
Por Diego Torrado & Redacción
A estación meteorolóxica de Meteogalicia en Campolongo rexistrou ao longo da xornada deste sábado máximas de ata 38,03 graos, pero nin as altas temperaturas da vaga de calor desta fin de semana detiveron as ganas de festa dos mozos pontevedreses. Como xa é habitual na primeira fin de semana de agosto, inauguraron a primeira de catro xornadas de ''peñas'' polas rúas da cidade.
Este sábado non había touradas da feira taurina da Peregrina, pero a celebración de 'peñas' xa hai anos que vai separada das celebracións na praza de San Roque e este ano quen se uniu á festa volveu demostralo. Vestidos con camisetas das súas 'peñas' e con reservas suficientes de auga e viño, saíron ás rúas para beber e empaparse de ambos os líquidos.
Diego Torrado retrata como se viviu a tarde nas rúas e prazas do casco histórico, nas que durante estas dúas fins de semana se levanta a prohibición de facer botellón en espazos públicos.