As obras de ampliación da residencia de Cerdedo comezarán en setembro
Por Redacción
A Xunta prevé iniciar as obras de ampliación da residencia de maiores de Cerdedo o próximo mes de setembro. Así o avanzou este venres o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez.
A empresa que executará estes traballos é Ogmios Proyecto S.L. por un importe de 1.451.559,93 euros, contía que se repartirá en tres anualidades ata o 2020.
O montante total do investimento acadará os 1,7 millóns de euros, reservándose a diferencia para a dirección de obra, estudos e para o equipamento e amoblamento da nova residencia.
Esta actuación suporá a construción dun edificio anexo ao actual inmoble que comparten centro de día e residencia.
Deste xeito a nova edificación albergará a parte residencial -que pasará de 18 a 48 prazas- e, a que xa existe, estará dedicada en exclusiva a centro de día, con capacidade para atender a 30 usuarios.
O novo edificio do centro para maiores de Cerdedo-Cotobade ocupará dúas parcelas lindeiras ao actual inmoble do centro de día-residencia, unha das cales é propiedade do consorcio e, a outra, foi adquirida polo Concello e posteriormente posta a disposición da administración autonómica.
Relacionadas:
-
A Xunta licitará este mes o equipamento da residencia de maiores de Cerdedo
Por Redacción |
-
Cerdedo estreará a súa nova residencia de maiores nun prazo de 18 meses
Por Redacción |
-
Comezan as obras de construción da nova residencia de Cerdedo
Por Redacción |
-
Lista de espera de dous anos para entrar nunha residencia de maiores
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello avanza na tramitación do plan especial para a construción da residencia de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo triplicará as prazas de atención a maiores coa súa nova residencia
Por Redacción |