A Policía Local de Poio recupera unha moto que fora roubada na Barosa
Por Redacción
Dúas semanas despois de que fose denunciado o seu roubo, a Policía Local de Poio recuperou no municipio unha motocicleta que fora roubada cando estaba estacionada no parque natural do Río Barosa, en Barro.
A moto, unha Rieju SMX, figuraba subtraída desde o día 16 de Xullo, cando se presentou unha denuncia no xulgado de Caldas de Reis.
Os axentes localizárona na rúa Lameiriña de Raxó, próxima ás escaleiras de acceso á Avenida da Toxa (PO-308). Presentaba danos no tambor do arranque estando cortados os cables do mesmo, non portaba a placa de matrícula e faltáballe o escape.
Tras realizar unha inspección ocular da máquina e trasladala ao depósito municipal, fixeron entrega da mesma ao seu lexítimo dono, un veciño de Vilagarcía de Arousa.
Non se ten coñecemento aínda do autor do roubo, pero a investigación segue aberta, segundo confirmou a Policía Local.