O corte ao tráfico de Pai Gaite líaa parda
Por Mónica Patxot & Redacción
O peche ao tráfico de Pai Gaite para tallar as árbores desta rúa xerou importantes atascos durante toda a xornada nas avenidas de Buenos Aires e Uruguai.
Tampouco axudaron a aliviar a situación o peche por obras do aparcadoiro disuasorio fronte ao Pavillón de Deportes, o corte do primeiro tramo da rúa da Seca entre Casimiro e José Malvar e, por suposto, a choiva.
A Policía Local puxo en marcha desvíos na rotonda da ponte dos Tirantes pero esta medida non resolveu unha situación que podería prolongarse unha semana.