A APDR celebra o fin da concesión a Elnosa

Por Diego Espiño

© Diego Torrado

© Diego Torrado
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) mantivo este domingo 29 de xullo a festa programada para celebrar o fin de Elnosa na súa actual localización, ao ser a data na que conclúe a concesión de terreos de Costas á empresa química.
Celebrouno pese ao anuncio da subdelegada do goberno de que o peche estaba en suspenso ao existir un expediente administrativo aberto sobre a caducidade na concesión que aínda debe resolverse, xa que "entendemos que non deberiamos deixar pasar esta data, a data en que Elnosa debe pechar a súa actividade industrial", explicou Antón Masa.
Para o presidente da APDR non ten lugar atrasar o peche, xa que "Elnosa hoxe queda sin o que se chama título habilitante para traballar en Lourizán e se non pode traballar en Lourizán, a que ven continuar un expediente?", pregúntase.
En todo caso Masa entende que esta data supón un primeiro paso para "un futuro tanto no social, no ambiental como no económico que só pode existir na comarca no momento que desapareza o complexo Celulosas-Elnosa".
Por eses motivo membros do colectivo e simpatizantes, entre os que se atopaban membros do goberno local como a alcaldesa en funcións Carme da Silva, reuníronse ás 19:00 horas na Praza da Peregrina, desde onde se dividiron en pequenos grupos polas rúas próximas repartindo lazos verdes nos que se podía ler a palabra 'agora' simbolizando o fin do complexo industrial de Lourizán e "un futuro verde de progreso para a ría".
Despois desta acción, a xornada finalizou na Sala Karma cunha pequena festa da asociación amenizada polo concerto da cantautora local Palito.
Relacionadas:
-
A APDR non se reunirá con Pedro Sánchez, pero si co seu gabinete na Moncloa
Por Redacción |
-
O Concello quere saber en base a que resolución o Goberno permite o "disparate" de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta insta o Goberno a resolver canto antes a situación de Elnosa: "Non pode ser un limbo eterno"
Por Natalia Puga |
-
O PSOE esixe ao Concello que "non enturbie" a xestión do Goberno sobre Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello advirte ao Goberno que non aceptará "triquiñuelas" e esixe o peche inmediato de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
A saída de Elnosa da ría, en suspenso ata que se resolva a caducidade da súa concesión
Por Alejandro Espiño |
-
A APDR celebrará a fin da concesión de Elnosa o domingo cunha concentración e unha festa
Por Natalia Puga |
-
Os traballadores de Elnosa rexeitan o peche da fábrica por silencio administrativo de Costas
Por Oskar Viéitez |