Moraña desborda no día grande da XLIX Festa do Carneiro ó Espeto
Por Redacción & Diego Torrado
Cheo absoluto este domingo en Santa Lucía para honrar á xoia gastronómica de Moraña, o Carneiro ó Espeto.
A xornada grande da XLIX Festa do Carneiro ó Espeto vendera todas as prazas dispoñibles para a degustación desde hai días, confirmando o éxito dunha celebración gastronómica máis que consolidada e declarada de Interese Turístico de Galicia en 2006.
Preto de 3.000 comensais puideron gozar do xantar popular na Carballeira de Santa Lucía, onde se despacharon 150 lotes de carneiro acompañado doutros produtos típicos e bebidas.
Ese foi o punto álxido da xornada, pero Moraña foi un fervedoiro de xente desde primeira hora do domingo, coincidindo co traballo dos mestres asadores.
A xornada acompañou cun clima propicio, nubes sen temor á choiva e unha temperatura agradable, o que sumando o programa de actividades previsto fai pensar nunha cifra de visitantes de aproximadamente 8.000 persoas.
Estes números adquiren maior relevancia ao abarcar toda a fin de semana, na que un bo número de persoas acudiu a eventos como o Triangular do Carneiro ó Espeto ou a gala musical na que actuaron Natalia, El regreso da Década, Amistades Peligosas e Kiko&Shara, ademais da Festa Kioto.
Relacionadas:
-
A Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña busca a declaración de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |
-
O triangular do Carneiro ao Espeto, para o Pontevedra
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
De Vintage, O Xavique e A Adega triunfan no concurso de tapas "Espétalle un Pincho"
Por Redacción |
-
Dez quilómetros de Carreira Carneiro ó Espeto para ir abrindo o apetito
Por Redacción |
-
Case tres mil persoas xantarán na Festa do Carneiro ó Espeto de Moraña
Por Redacción |