Lavado de cara para o campo de fútbol de Caroi
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acometerá unha importante renovación no campo de fútbol de Caroi, dentro do seu plan de mellora de insfraestructuras deportivas.
O proxecto está xa redactado, pendiende de licitación, polo que se investirán preto de 40.000 euros procedentes das baixas obtidas noutros concursos de obras.
Esta actuación ten como obxectivo a ampliación, reforma e modernización das instalacións, o saneamento interior das distintas estancias e a habilitación dunha nova bancada descuberta.
As obras proxectadas consistirán na reforma interior dos vestiarios e a cantina, realizando previamente o desmonte de aparellos así como as demolicións necesarias. Posteriormente, realizaranse os traballos de acabados en fontanería, saneamento e electricidade e a instalación de carpinterías metálicas, mentres que a bancada será construída con pezas prefabricadas.
A intención do goberno local é que a reforma se execute antes de final de ano e poida compaxinarse coa actividade deportiva do CD Caroi.