A apertura do centro de día de Cuntis, un pouco máis preto
Por Redacción
Un dos asuntos máis atrancados no tempo en Cuntis está próximo a resolverse, a posta en funcionamento do ansiado centro de día, que tras a súa construción leva anos sen abrir as súas portas.
O Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinaron un convenio de colaboración para poñer a punto a instalación.
No devandito convenio, rubricado polo alcalde Manuel Campos e o conselleiro José Manuel Rey, o organismo autonómico comprométese a investir 90.000 euros para a adquisición de equipamento e amoblado do centro de día, mentres que o goberno local achegará 35.000 euros para acondicionar a cuberta do edificio.
Ademais, o Consorció adxudicou este venres 27 de xullo o servizo de asistencia diúrna e atención residencial do centro de día de Cuntis á UTE Servizos Asistenciais Riazor SL e Atendo Calidade SL.
Desta forma, aseguran desde o goberno municipal, que "se están a dar os pasos para a apertura do devandito centro de día", poñendo fin a un culebrón que se prolongou durante anos.