Cortan o tráfico en Padre Gaite e A Seca a partir do luns
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pechará ao tráfico a partir deste luns 30 de xullo o primeiro tramo da rúa Padre Gaite e o último tramo de A Seca. Terán unha duración aproximada de catro e dez días, respectivamente.
En Padre Gaite o crote será durante un período de catro días para talar os oito plátanos situados ao carón do pavillón universitario. Dado que se trata dunha actuación de moita complexidade pola envergadura dos exemplares, os servizos técnicos e de seguridade municipais acordaron pechar toda a rúa dende o luns ata o xoves, en horario de 08.00 a 16.00 horas. Despois desa hora poderase acceder.
No caso de que as talas rematen antes dos catro días, a rúa quedará aberta antes. Mentres se producen estes traballos, a rúa Irmáns Sobrino Buhigas terá sentido invertido para acceder dende a avenida de Bos Aires, a través de Cruz Vermella e o último tramo de Padre Gaite, cara Fernando Olmedo, Santa Clara ou Perfecto Feijoo.
O proxecto de reforma de Cruz Vermella inclúe a eliminación destas árbores que supoñen unha barreira para os peóns, para refacer a beirarrúa con outras dimensións e plantando especies máis acaídas para este espazo.
Ademais, está previsto o peche ao tráfico da rúa da Seca (entre Casimiro Gómez e José Malvar) durante dez días para poder realizar a última parte da remodelación da rúa. Ata o de agora, a empresa traballou na marxe esquerda, e dende o luns estarán na dereita
O peche da rúa está previsto dende o luns 30 ás 8.00 horas. A partir das 19.00 horas deixarase paso e, en todo caso, os veciños e os servizos da rúa poderán acceder a ela durante o horario de peche; e os vehículos que accedan á zona poderán saír cara José Malvar polo Camiño Vello de Castela.