Falece unha marinense de 72 anos nun accidente en Cerponzóns
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha veciña de Marín de 72 anos faleceu este venres nun accidente de circulación no lugar de Tilve, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns.
O sinistro produciuse sobre as 13.15 horas na estrada N-550 ao seu paso por Cerponzóns. Por causas que aínda hai que determinar, un vehículo Skoda Fabia con dous ocupantes no seu interior saíuse da vía pola marxe dereita e envorcou.
Como consecuencia do accidente, a veciña de Marín A. S. P., de 72 anos e que viaxaba no asento do acompañante, faleceu. O condutor, tamén veciño de Marín e marido da falecida, resultou ferido leve.
Ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico, que puido constatar que tanto o condutor como a acompañante levaban posto o cinto de seguridade. Ademais, os axentes someteron ao condutor á obrigatoria proba de detección de alcol e drogas e comprobaron que daba resultado negativo en ambos os test.