Empeza unha nova campaña de limpeza de Vaipolorío
Por Oskar Viéitez
Para este domingo día 29 de xullo e os días 12, 19 e 26 de agosto programou Vaipolorío xornadas de limpeza dos Gafos. Unha nova campaña que ven de presentar o colectivo ecoloxista que lembra a necesidade de seguir coidando este río e sinala como todo un acerto a continuidade destas iniciativas.
Aquelas persoas que estean interesadas en participar nestas xornadas de limpeza poden poñerse en contacto con Vaipolorío no teléfono 676842942. Tamén colaborarán os mozos adscritos ao programa de intercambio 'Ticket2 Europe'.
A asociación asegura que é un traballo necesario aínda que a canle pareza saneado.
Gonzalo Sancho, presidente da asociación Vaipolorío, explicou que esta 18ª campaña de limpeza do río Gafos comezará polo seu tramo urbano desde preto da desembocadura xunto á ría de Pontevedra.
Cada domingo, uns 15 voluntarios irán remontando a canle ata completar os seus 11 quilómetros de lonxitude, chegando case ata o seu nacemento no municipio de Vilaboa.
Nas últimas campañas, o balance de lixo extraído rolda as 700 toneladas de lixo, entre plásticos, botellas, pequenos electrodomésticos, restos de obra, colchóns e roupa como materiais máis presentes.
Ademais de seguir catalogando a fauna, a flora e os elementos patrimoniais e de continuar denunciando verteduras, Vaipolorío insistirá na necesidade de eliminar o asentamento marxinal situado nas proximidades do albergue de peregrinos e da estación de autobuses e promoverá o descubrimento da canalización do río ao seu paso polo barrio de Campolongo.
Relacionadas:
-
Vaipolorío conclúe a campaña estival de limpeza do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío retira as trampas de vespa asiática
Por Oskar Viéitez |
-
Os morcegos do Gafos xa teñen refuxios, que se preparen os mosquitos
Por Oskar Viéitez |
-
Mozos de Marrocos e Armenia fan voluntariado ambiental no río Gafos
Por Redacción |
-
Limpeza de árbores caídas no río Tomeza
Por Oskar Viéitez |